Andel literario

Cousas (1926-1929)
Na cova dos carcamáns
Chegou das Américas
O pai de Migueliño
Vou contarvos un conto triste

Un ollo de vidro. Memorias d’un esquelete (1922)

Retrincos (1932). O retrato

Os dous de sempre (1934). Capítulos II, XXVI, XXXI, XXXV, XLI e XLIV

Os vellos non deben de namorarse (1953). Terceiro lance


Volver
Debuxo de Castelao A marquesiña


Chámanlle a "Marquesiña" e os seus peíños endexamais se calzaron.

Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a "Marquesiña".

Non foi á escola por non ter chambra que pór e chámanlle a "Marquesiña".

Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre e chámanlle a "Marquesiña".

A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.

¡E aínda lle chaman a "Marquesiña"!
 

Imprimir