Plan previsto


O Museo Castelao é un magno proxecto que tomará a súa forma definitiva ao longo dos primeiros meses deste ano 2000. O que dende estas páxinas se ofrece é a penas un avance do que chegará a ser. A nosa previsión é que no medio do ano estea funcionando a totalidade da estructura, os departamentos e opcións, anque o proceso de incorporación dos fondos non se deteña nunca.

O noso obxectivo é recoller toda a obra de Castelao, todos aqueles documentos que versen sobre á súa vida e actividade literaria, artística e política, co fin de definir o espacio de referencia no mundo sobre a súa figura. Un Museo aberto, accesible a todos.

O que hoxe en día está á vista, reproduce só algunhas das facetas da estructura futura. Na vontade de achegar a figura de Castelao a todos os públicos, o Museo disporá dun espacio pensado para os nenos. Contará tamén coa maior base de datos existente sobre Castelao, de consulta libre. Por outra parte, os e as investigadoras terán a posibilidade, a través dun rexistro, de participar en roldas de estudio e poderán acceder a zonas de traballo especializadas.

O Museo contará cunha secretaría, cun espacio para o lecer, salas para exposicións temporais, biblioteca, hemeroteca e arquivo, auditorios a través dos que difundiren tempo real conferencias e coloquios, fonoteca, sala de vídeo...

Para calquera dúbida diríxete a info@museocastelao.org

Continúa coñecéndonos nas palabras de Castelao.

non se remata
traballe nelahay sitio para todos
Entrar