| 1886-1915. Da infancia á primeira madureza A infancia e a mocidade de Castelao transcorreron a ambas as súas beiras do Atlántico: na taberna da Pampa, na súa casa de Rianxo e, xa máis adiante, na Universidade compostelá. Os seus vencellamentos políticos non pasan das colaboracións no xornal anticaciquil local "El Barbero municipal" e comeza a gañarse un creto como caricaturista na prensa galega e madrileña. Para coñecer máis polo miúdo os acontecementos que marcaron a vida de Castelao, clica nas celas dos anos. Podes avanzar na liña da vida mediante as frechiñas indicadoras, acceder a outras fases mediante o menú da dereita da pantalla ou ver a biografía completa desde esta páxina. |