
 |
 |

O Museo Castelao é un espacio aberto a todos. Propóñense por iso diversos xeitos de que os usuarios e usuarias colaboren activamente co proxecto:
- Facer correccións e melloras de accesibilidade, de estructura e dos contidos do Museo: info@museocastelao.org.
- Difundir o proxecto na Rede incluíndo etiquetas promocionais nas páxinas persoais e nos correos electrónicos.
- Enviar por medio do correo electrónico materiais pouco coñecidos ou inéditos sobre a vida e a obra de Castelao, para a súa avaliación e inclusión nos fondos do Museo.
- Facer propostas de actividades ou proxectos a seren realizados no Museo.
Para calquera dúbida diríxete a info@museocastelao.org
Continúa coñecéndonos nas palabras de Castelao.
|