Outras ligazóns
Revista de prensa sobre a exposición
"Nós": da exposición ó álbum
Cartas de Castelao sobre Nós


Volver
As conferencias da exposición

Humorismo. Debuxo humorístico. Caricatura
Esta é unha conferencia que se publicou por primeira vez nas páxinas d’A Nosa Terra, coincidindo coa exposición de Nós na Coruña. O relato orixinalmente inserido na disertación de Castelao, aparecería como obra independente en 1922 na colección ‘Céltiga’, con ilustracións propias e baixo o título Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, e a partir de aí gozou dunha moi boa acollida e foi reeditado en numerosas ocasións. A conferencia en si coñeceu sucesivas republicacións, aínda que todas elas póstumas.

Arte nova
Este texto de Vicente Risco foi lido como conferencia na esposición de Nós que Castelao celebrou na Coruña ano 1920. Foi publicado, ademais, na Revista Grial, no verán de 1963.

Divagacións engebristas con motivo d'unha exposición d'obras de Castelao
Por Xohan Vicente Viqueira


Carta de Castelao a X. V. Viqueira
29, marzo, 1920. Grial 47 (1975), pp. 87-88