Carta de Castelao a X. V. Viqueira
(En resposta a conferencia de Xohan Vicente Viqueira "Divagacións engebristas con motivo d'unha exposición d'obras de Castelao")
Outras conferencias:
Humorismo. Debuxo humorístico. Caricatura
Arte nova
Divagacións engebristas con motivo d'unha exposición d'obras de Castelao
Volver |
 |
29, marzo, 1920
Grial 47 (1975), pp. 87-88
A Xohan Vicente Viqueira
¡Terra! 29 marzal 1920
Sr. D. Xohán Vicente Viqueira:
Meu distinto amigo e irmán: Prégolle perdoe o non haberlle escrito máis axiña. Cheguéi da Cruña a morrer e dispóis de repoñerme fiquéi tan perguiceiro que aínda agora estóu amayado.
Eu non sei cómo podería decirlle o meu agradecimento pol-a súa conferencia tan chea de loubanzas pr'o meu arte.
Verdadeiramente eu non merezo tantas verbas garimosas, mais con tudo eu estóu contente de certo, pol-o que ganóu a Causa.
Tiña verdadeira fame de coñecel-o e agradeceríalle de curazón acollese a miña amistade coma si xa fixese mil anos que nos coñecemos.
Lín o resumo da súa conferencia nos xornáes e non podo negarlle que fiquéi un pouco orguloso ó ver cánto ben me conceptuaba vostede; máis eu asegúrolle que as verbas non me deixarán acougar até merecel-as e faguerme dino d'elas.
O non atopar aínda os cartiños que preciso pra edital-o álbum faime cabilar moito; máis xa estóu preparando outros traballos que cicáis poida espoñer pr'o ano que ven na Cruña. Estes novos traballos serán en córes e terán máis lirismo.
Ando co-a intención de solicitar unha pensión pra ir ó extranxeiro. López Suárez metéume isa ideia na cachola.
Unha moi forte aperta do seu admirador e irmán,
Alfonso R. Castelao.
|
| Ir arriba |
|
|